Información

Volve a festa do ciclismo a Outes! Desta vólta, no Nadal!

Dende o CC Revoltas estamos a organizar para o domingo 24 de decembro de 2023 a VII Marcha Interxeracional en bicicleta.

Cartel_Final

O percorrido será o clásico, o que tanto gustou nas últimas edicións. Sairemos dando un paseo dende o Pabellón Municipal de Outes ata Santo Ourente e voltaremos case polo mesmo camiño. Sempre a velocidade reducida para que todo o mundo poida participar. Trátase dun trazado sen dificultade nin desnivel, perfectamente realizable por calquera participante. En Santo Ourente, disfrutaremos dun avituallamento para recuperar folgos e volver con forza. Á volta, no Pabellón Municipal, volveremos a ter outro avituallamento para poder repoñer forzas con uns pinchiños.

A hora de saída será ás 10:00 da mañá dende o Pabellón Municipal de Outes. Todo o percorrido será por carreteras secundarias e apto para calquera tipo de bici. Se tes quen che leve nun carriño de bici, nunha silliña adaptada ou calquera outro accesorio, nin sequera che fai falta a bici, pero OLLO! a seguridade é o primeiro e o casco é obligatorio para todos os participantes. Non se permitirá a participación de ninguén sen casco. Ademais, o pelotón circulará neutralizado e o tráfico estará controlado pola policía municipal e protección civil do concello, polo que poderá participar xente de todas as idades e nivel. Polo tanto, se queres pasar unha mañá desfrutando dos amigos e da bici tranquilamente xa tes unha cita connosco.

Por que é Interxeracional? pois porque queremos ter varias xeracións percorrendo xuntas as rúas do noso concello. Buscamos que participe xente de todas as idades, que os pais e nais traian aos seus nenos e nenas, así coma os seus pais e avos a desfrutar da bici, e fomentar hábitos saudables. Recordade que os menores de 16 anos teñen que vir acompañados dun responsable. Haberá agasallos para o participante mais novo, o mais vello e tamén a familia co maior número de participantes.

Sabemos que para os nenos mais pequenos ou persoas con algún problema físico (ou simplemente preguiceiros ;p ) o percorrido se pode facer algo longo, pero non vos preocupedes! tamén pensamos en vós e os coches do director de carreira e dos directores deportivos están equipados con portabicis e dispoñibles para levar aos participantes dun punto a outro. Animade aos vosos nenos que vexades que poidan cansarse a subir en calquera momento para que así poidan desfrutar das actividades con un gran grupo de amigos.

Para inscribirvos pincha no seguinte enlace ou accede a sección de inscricións.

>>>    INSCRICIÓNS    <<<

Non hai excusa, o 24 de Decembro pola mañá é día de bici! Esperámosche!